Monday 20 de May de 2024

A Escola Galega de Consumo ofrecerá mañá unha charla sobre “Reparacións a domicilio”


A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa Venres de consumo responde sobre “Reparacións a domicilio”, na que se informará sobre o consumo e os nosos dereitos nesa área, segundo avanzaron dende a organización. No transcurso da mesma –dará comezo ás 12.30 horas- respostarase a todas as dúbidas que se plantexen sobre esta temática.

Para poder participar é preciso entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.